Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade clausura as súas escolas deportivas

Por 1 Xuño, 2018Sin comentarios

O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o tenente de alcalde e encargado da Área de Deportes, Alejandro Martínez; clausuraron este xoves no pavillón Eduardo Fernández Villamarín de Rábade o curso das escolas deportivas deste Concello, que se contan cunha achega do Goberno da Deputación de 8.000 euros. As escolas deportivas, que aumentan ano a ano, contan hoxe en día con máis de 100 usuarios que participan en modalidades deportivas como tenis de mesa, ximnasia rítmica ou xadrez.

Rivera Capón destacou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos activamente co deporte base da nosa provincia, pois sabemos da importancia e os valores que transmite a actividade deportiva. Nesta liña, quero lembrar que o Executivo da Deputación, durante o ano pasado, destinou máis de 13.000 euros a través de axudas a clubs e deportistas individuais, pois Rábade conta cunha ampla tradición deportiva”, apuntou.

“Ademais de colaborar no financiamento das Escolas Deportivas, apoiamos economicamente iniciativas tan importantes para o municipio como o máster de futbolín, un evento de dimensións nacionais que na súa última edición xuntou a máis de 400 participantes”, engadiu.

O deputado lembrou o forte compromiso da Deputación pola promoción do deporte, convertendo a de Lugo na administración que máis inviste en deporte na provincia case tres veces máis que a Xunta de Galicia.

Fernández Montes agradeceu a colaboración da Deputación co deporte no Concello “coas que promovemos hábitos saudables e fomentamos as relacións entre os nenos e nenas do noso municipio”.