Skip to main content
Guitiriz

Festa de final de curso na Escola de Música de Guitiriz

Por 3 Xuño, 2022Xuño 6th, 2022Sin comentarios

A Escola de Música de Guitiriz celebrará este sábado, 4 de xuño, a súa festa de final de curso para a que ten previsto unha pequena demostración de todo o que aprenderon as alumnas e alumnos durante o curso.

A cita sera ás 20.00 horas na Casa Habanera de Gutiriz.

A continuación esta escola convoca unha charla informativa o luns 6 de xuño ás 20:30h na Casa Habanera. Trátase dun coloquio dirixido a todo o mundo para facer suxestións ou queixas sobre como foi o curso que ven de rematar e expoñer os horarios e novidades do próximo curso.