Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei abre o prazo para participar nos programas de conciliación familiar e escolar

Por 10 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei abriu o prazo de solicitude para poder participar durante o curso escolar 2018/2019 nas iniciativas incluídas dentro do Programa Municipal de Conciliación Familiar, Outeiro Lúdico, e Apoio á Educación Outeiro Madrugador e Outeiro Tardes.

Estas iniciativas están dirixidas a nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados no CEIP Laverde Ruiz e pretenden axudar aos pais que traballan ou que por outras razóns necesitan deixar aos seus fillos atendidos antes e  despois da xornada lectiva.

Outeiro Madrugador funciona  dende as 8:00 h  ata a entrada dos nenos no colexio. A cota para poder  beneficiarse deste servizo durante todo o curso escolar está establecida en 40 euros anuais.

Outeiro tardes é un servizo  que funciona en horario de 16:00 h a 20:00 h; a cota para  participar nesta iniciativa é de  15 euros ao mes a aboar na primeira quincena do mes anterior.

Para ser usuario de calquera destas iniciativas é preciso realizar a inscrición e aboar as correspondentes cotas na biblioteca municipal de Outeiro de Rei en horario de 10:30 h a 13:00 h. O prazo permanecerá aberto  ata o día 15 de xuño.

Por outra banda, o Concello mantén tamén o Outeiro Lúdico, unha iniciativa incluída dentro do programa de conciliación familiar. Tratase dun servizo de atención infantil para nenos de Outeiro de Rei con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos que ten por obxectivo favorecer a conciliación da vida familiar e laboral nos períodos correspondentes ás vacacións escolares de Nadal, Semana Santa e verán estendéndose tamén aos días non lectivos existentes no calendario escolar do CEIP Laverde Ruíz. O  horario de funcionamento deste servizo establécese de 8:00 h a 20:00 h, pero os horarios  poderán sufrir variacións en función da demanda que exista. A cota a aboar nesta actividade será de 60 euros anuais repartidos en 2 prazos. Tamén funciona en agosto cunha cota de 30 euros.

Nas iniciativas Outeiro Lúdico, Outeiro Tardes e Outeiro Madrugador o Concello de Outeiro de Rei ofrece a posibilidade de utilizar estes servizos, sempre que exista praza, por días soltos; para este suposto a cota será  de 5 euros ao día.

Igualmente, sempre que exista dispoñibilidade de praza, poderanse incorporar novos usuarios a calquera destas iniciativas fóra dos prazos de inscrición previstos; nestes casos será preciso aboar a totalidade da cota anual establecida.

Ademais, pensando nas necesidades dos pais/nais con fill@s que se incorporen este curso ao colexio, o Concello de Outeiro de Rei ofrece as seguintes posibilidades para o mes de setembro:

  • Posibilidade de incorporación á iniciativa Outeiro Lúdico ata o inicio do curso escolar. Prezo: 15 €
  • PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Posibilidade de acollemento d@s nen@s en horario de mañá mentres dure o período de adaptación establecido para 4º de Infantil. Prezo:15€.