Yolanda García é a concelleira do BNG no Concello de Cospeito: “Temos que valorar todo o que noso concello ten”

Yolanda García Cabana leva ao fronte do BNG de Cospeito os últimos sete anos, tras outros catro vinculada ao partido. Esta veciña, de 43 anos, diplomada en Relacións Laborales, Técnico Especialista en Informática de xestión explica a Terrachaxa a situación do Concello.

Que valoración fai deste tempo ao fronte da oposición?

Estar na oposición nunca é doado, non se ten a mesma visibilidade e non se valora case nunca o traballo que se fai a prol dos veciños do Concello. Así mesmo, é complexo o labor da oposición cun só representante como é o noso caso, pero non por iso deixamos de loitar polos intereses deste Concello. A valoración nestes anos é positiva baixo o meu punto de vista, sempre intentei seguir a liña marcada por todos os compañeiros que consensuamos dentro do BNG do Concello.

Cales son eixes principais do BNG de Cospeito?

O Concello de Cospeito é un concello rural, e polo tanto o eixe principal do noso grupo é o Rrural. Ano tras ano estase a baixar a poboación, entre 90 e 100 persoas por ano, e non se está a facer ningún tipo de política para que este efecto se retrotaia. A materialización do Plan Xeral de Ordenación Municipal, asentaria a poboación; a posta en marcha e ampliación dos dous polígonos industriais faría que as empresas se instalaran. O remate en todas e cada unha das parroquias dos servizos de abastecemento de auga, e luz pública é outro dos puntos. En pleno ano 2018, aínda hai veciños que non teñen estes servizos mínimos. Tamén fai falta a potenciación do noso entorno, do noso patrimonio, o aproveitamento de locais municipais (dígase as escolas parroquiais) para uso de familias con poucos recursos; ou o mantemento das pistas e camiños dun xeito regular, e non con uns poucos parches como se está a facer. A potenciación do eido cultural, non se está a ter en conta por este goberno e é algo imprescindible para a creatividade da poboación dun Concello, así como a implantación da rede wifi en todo o termo municipal. Temos que ser quen de valorar, cuidar e explotar todo o que o noso Concello posee, que no caso de Cospeito e moito.

Cales son as necesidades máis urxentes do Concello?

O prioritario é o arranxo de pistas e camiños do noso entorno, en xeral o estado das mesmas é penoso. Pero non só este ano, todos os anos estamos a ter o mesmo problema. Non hai mantemento das mesmas e, se se  fai algo, son uns parches que agraban máis que arranxan.Por suposto, a aprobación do PXOM, e chegar a todas e cada unha das parroquias cos servizos de auga e alumeado público é fundamental, non pode ser que haxa barrios con alumeado público dende hai anos e que nese mesmo barrio queden unha ou duas casas sen el. En concreto, é complexo dicir cales son as necesidades máis urxentes, queda moito por facer no noso Concello. Todo é urxente.

Cal é a opinión do BNG sobre a sentencia da cafetería da Casa da Cultura?

No concello de Cospeito, levamos arrastrando unha forma de actuar por parte do Partido Popular, e en concreto por parte do seu alcalde, que é facer e chegar a acordos “de palabra”, pois neste Concello parece que asusta que os acordos, peticións,etc… queden por escrito (por suposto falo de antes da aplicación da lei de transparencia). O que nos quedou claro e que as probas presentadas polo Concello ademais de ridículas, non son acordes coa realidade, de aí que se presentaran facturas que non correspondían a este establecemento. Vergoñento. A sentencia é clara, e dinos cal é a forma de actuar en todos estes anos deste equipo de goberno. A mentira e as cacicadas só teñen un final, que é este. O problema é que van ser os veciños os que paguen o mal facer continuo deste alcalde e dos seus equipos de goberno, porque a xestión foi unha ruina para o noso Concello, e só hai que ver a deuda que estamos arrastrando. Por outra banda alegrome moito que a xente vaia perdendo o medo e que sexa capaz de denunciar as continuas inxusticias polas que pasaron e están pasando.

Que novas propostas ten pensadas o BNG?

Temos a gran pena de que as nosas propostas aínda non están cumpridas, todos os eixes principais do noso grupo están sen facer, é unha magoa, pero é así.

Polo tanto teríamos moito traballo por facer e o compromiso firme de facelo.

Cumpríronse  algunas das propostas plantexadas polo BNG?

Algunha que outra si se chegou a acordos, por exemplo a petición dun Xulgado específico de casos de Violencia de Xénero para a provincia de Lugo foi aprobada por unanimidade do plenario. Máis recentemente, mediante pregunta, e no seguinte en forma de moción, denunciamos un posible erro de cobro de atrasos correspondentes ao ano 2015 por parte do catastro, recibiuse contestación por parte do mesmo, dando a razón e que houbera un erro. Estamos a falar duns 300 casos de veciñ@s que sufriron estos erros de cobros, que correspondían xeralmente a cuadras e palleiras que estaban exentas, e pola nomenclatura que lles deu o propio Catastro xeraban estes recibos de ibi rustico correspondentes ao ano 2015. Caso que non se coñecía se dende o Bng de Cospeito non se levara a pleno. Foi aprobado por unanimidade e o propio Catastro de oficio correxirá o erro, e enviará o listado os servizos de recadación da Deputación para o seu reembolso. Cambiáronse tamén, apetición nosa, os puntos de luz que invadían as beirarrúas no casco urbano da Feira do Monte e dificultaban o paso aos veciños, non podendo pasar cunha cadeira de rodas, cun carro da compra, cun carrito de pequenos. Foron varias as consideracións de arranxos de vías, arranxos de pontes, a problemática das árbores de Feira do Monte, que fan levantar as plaquetas das beirarruas, os problemas do xabarín, e do lobo,….

Como ve o Plan único para o Concello?

Non poido decir máis que escaso. Agora ben, toda axuda é ben recibida, e loxicamente pola nosa banda gustaríanos atender todas as eivas que existen no noso Concello.

Etiquetas