A Feira de Artesanía de Outeiro de Rei do día 7 conta cunha ampla programación

TerraChaXa
A XII Feira de Artesanía de Outeiro de Rei terá lugar, como todos os anos, o primeiro sábado de xullo, que nesta ocasión coincide día 7, coincidindo coas festas patronais na honra a Santa Isabel.
PRESNETACIONOUTEIRO
13 Xuño 2018

A XII Feira de Artesanía de Outeiro de Rei terá lugar, como todos os anos, o primeiro sábado de xullo, que nesta ocasión coincide día 7, coincidindo coas festas patronais na honra a Santa Isabel. A edición de este ano foi presentada polo alcalde José Pardo e a coordinadora da feira, Marisol Picón, que anunciaron que a feira contará cun centenar de postos de toda Galicia e de Portugal. En total serán 73 de artesanía e 13 de alimentación.

O programa da feira iniciarase coa IV Carreira Solidaria Concelo de Outeiro de Rei, organizada pola asociación Somos Unidos polo Cancro. A saída desta proba está prevista na praza do Concello ás 10.30 horas con chegada, 6 quilómetros despois, ao campo de Santa Isabel. Por suposto, realizaranse as probas infantís correspondentes.

Durante toda a xornada haberá demostracións en vivo de oficios tradicionais coas olerías de tradición (Buño, Sober, Niñodaguía e Bonxe), entre outros moitos de resto de especialidades, como o luthier Xaneco ou a asociación Bolboretas Fiandeiras.

A partir das 12.00 horas haberá obradoiros para nenos e persoas maiores na zona da feira. Completarase a oferta artesá coa presencia do escultor Marcos Mariño que coa súa motoserra traballará en directo sobre a madeira.

A tradicional concentración de coches a cargo do Club 600 en Lugo ou a exposición sobre aproveitamento resineiro con demostracións práctica a cargo da empresa Letme Soluciones SL engrosa unha programación na que o apartado musical terá moita relevancia.

Destaca a actuación da Banda Municipal de Música Sons e Soños ás 13.oo horas diante da Casa Consistorial. Media hora máis tarde será a quenda do grupo de gaitas da Asociación Cultural Penas de rodas cun pasarrúas, o mesmo que farán ás 18.00 horas. Tamén formarán parte da inauguración oficial da feira, ás 12.00. Finalmente, ás 19.30 horas haberá unha exhibición infantil de baile rexional a cargo da Agrupación de Baile Infantil Outeiro de Rei.

E como novidade este ano inclúese este ano un punto de adopción de cans organizado pola residencia canina Garatuxa. As adopcións que se realicen ese día non terán ningún custe para as persoas que adopten, que recibirán una agasallo para a alimentación e coidado do can.

Como nas pasadas edicións haberá xantar popular a partir das 13.30 na carballeira de Santa Isabel baixo carpa e con comida elaborada e servida polo restaurante A Palloza.

TURISMO

A programación inclúe tamén un percorrido turístico polo concello nun bus que sairá ás 17.30 horas da Casa Consistorial e que percorrerá o Campo da Feira, Penas de rodas, a igrexa de Robra, o salto do Piago e a Casa Museo de Manuel María.

Tamén haberá, ás 17.45, un espectáculo de monicreques a cargo de Mircromina, que representará a obra A familia unida na contorna dos oleiros. Finalmente, ás 18.30 hora está prevista tamén nas inmediacións da Capela de Snata Isabel unha exhibición canina de Agility que rematará con tempo de xogo entre cans e nenos.

Completa a programación un sorte de 20 premios de 50 euros para todo os que merquen artesanía este día.

CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO NESTE ENLACE

CARTEL OUTEIRO DE REI
0.15332102775574