Preto de 300 atletas participan o sábado na carreira popular de Begonte

O Concello de Begonte celebrará o día 23 de xuño unha nova edición da Carreira Popular xunto co xantar de convivencia, na carreira na que están apuntados un total de 281 atletas.

Como en anos anteriores, o Club Fluvial será o lugar escollido para a celebración desta xornada de lecer e de encontro que estará amenizada musicalmente.

O apartado deportivo, que arrincará ás 11.30 horas coa primeira proba, dividirase en dúas partes. Na primeira inclúense as carreiras para menores de idade agrupadas en cinco categorías  por data de nacemento (nados de 2011 a 2014, de 2009 a 2010, de 2006 a 2008, de 2003 a 2005 e de 2000 a 2002).

A carreira absoluta será ás 12.30 horas con puntacións para catro grupos: senior (de 18 a 34 anos), veteráns A (35-44 anos), veteráns B 845-54 anos) e veteráns D (maiores de 55 anos). Os premios serán en metálico para os cinco primeiros clasificados na carreira absoluta masculina e feminina con cantidades que oscilarán entre os 200 e os 50 euros. No resto de categorías haberá trofeo, ademais de distinguir ao primeiro atleta local masculino e feminino.

A carreira completarase cun xantar de convivencia ao finalizar a entrega de premios. O menú do mesmo consistirá en empanada, churrasco, postre, pan, bebida e café.

Etiquetas