Abre a piscina de Guitiriz con programación especial os venres

A piscina municipal de Guitiriz abriu este luns 25 as súas portas, xusto no día no que remataban as súas festas patronais. Estas permanecerán abertas de forma ininterrompida ata o 2 de setembro. Nun principio, ata o 30 de xuño o horario será de 15.00 a 20.00 horas, pero a partir do 1 de xullo abrirán para o público en xeral ás 14.00 horas de luns a xoves, mentres que venres, sábados, domingos será ás 13.00 horas.

De luns a venres a piscina abrirá só para os cursos de natación, que serán de 12.00 a 14.00 horas. Os dous primeiros días de setembro o horario será de 14.00 a 20.00 horas.

Ademais, durante os meses de xullo e agosto porase en marcha o programa Venres lúdicos con actividades este día da semana na piscina.

O 13 de xullo será o primeiro con actividade. Haberá ximnasia acuática con música de 16.00 a 19.00 horas. Así, o venres 27 o horario será de 16.00 a 19.00 horas con inclables.

No mes de agosto repetiranse as mesmas sesións e horas o 10 e o 24.

 

Etiquetas