Skip to main content
ActualidadeCospeito

O Concello de Cospeito impulsa un campamento de verán

Por 27 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Cospeito organiza este verán unha nova edición do seu campamento de verán co obxectivo de ofertar actividades aos máis cativos para así poder conciliar o tempo das familias. O campamento será do 2 ao 31 de xullo, de luns a venres e de 9.00 a 17.00 horas, e estará dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos.

A edila Rocío García explicou que aínda que a maioría de actividades serán no pavillón, faranse moitas outras actividades por todo o concello, ademais de haber dúas quedadas nocturnas, con cea e almorzo, que se farán non albergue municipal, que se atopa no Museo das Aves, engadiu.

Hai unhas 50 prazas dispoñibles e por iso dende o Concello animan aos interesados a formalizar a súa inscrición. Entre as actividades previstas, haberá orientación, deportes alternativos, actividades acuáticas, rutas de senderismo, talleres de reciclaxe, unha visita a unha explotación ou a un muíño de fariña. Ademais, despedirase o campamento cunha festa final con xogos, inchables e escuma.