Xermade realizará un campamento de verán en agosto

O concello de Xermade pon en marcha un ano máis o campamento de verán para facilitar o acceso das nenas e nenos do termo municipal a un tempo e espacio de ocio e diversión. O fin é poder axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral neste período estival.

O campamento realizarase desde o luns 30 de xullo ata o venres 17 de agosto, en horario de 10:30 a 14:00 horas e con horario de “madrugadores” desde as 8:00 da mañá, se existe un número de familias que o soliciten.  Os días das saídas o horario verase incrementado ata as 7:30 da tarde, aproximadamente.

As inscripcións faranse no Rexistro do concello (planta baixa), por estricto orde de inscrición. O número de prazas é de 50.

O prazo de solicitudes será desde o día 02 ao 13 de xullo. Non se recollerán inscripcións posteriores.

A empresa que levará a cabo o campamento será: Ita Animación.

Campemento subvencionado pola UE e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

Esta actividade forma parte de Xermade concilia, que inclúe os campamentos de entroido, verán e nadal 2018.

Etiquetas