Novos cursos na aula Cemit de Guitiriz para xullo

A Aula Cemit de Guitiriz celebrará no mes de xullo unha serie de cursos dirixidos á poboación. Así, o primeiro será Mecanografía para nenos, do 2 ao 11 de xullo; Uso da cámara dixital, os días 12, 13 e 16 de xullo; Retoque fotográfico, o 17 e 18 de xullo; Procesador de textos para nenos o 19 e 20 de xullo; e Iniciación á informática do 23 ao 30 de xullo.

Para as inscricións e información deben preguntar na aula Cemit.

Etiquetas