Muimenta celebra as súas patronais do 6 ao 8 de xullo

Muimenta renderá un ano máis homenaxe a San Cristóbal e Santa Mariña nas súas festas patronais.

Os actos darán comezo o venres 6 de xullo coa verbena a cargo das orquestras Televisión e Claxxon.

Anteriormente, a partir das 19:30 horas, haberá cantos de taberna, a cargo de ACM Arume de Burela. Os locais participantes nesta actividade son: Abuelo, Plaza, Alvariño, Cabuxo, Anllo, Sinde e Parrillada Muimenta.

O sábado a actividade festiva terá lugar pola mañá coa misa solemne a partir das 13.00 horas. Tras a procesión a orquestra Trébol será a encargada da sesión vermú, e tamén tocará pola noite na verbena xunto a Pontevedra.

O domingo a actividade arrincará cun pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas. Tras a misa, que será ás 12.00, terá lugar a procesión e a bendición dos coches antes da actución da orquestra Garibaldi, que se encargará da sesión vermú e da verbena, xa pola noite.

 

Etiquetas