Meira estrea o ciclo Música na vila

Meira iniciou un programa de concertos organizados pola Banda de Música Municipal que teñen lugar os venres do mes de xullo.

No primeiro, que tivo lugar o 13 de xullo na praza do Convento, as promesas da música Pablo Rico, Pedro Blanco, Lucía García, Julia Méndez, Julián Rozadillas, Brais Penelo e Ismael Pita fixeron unha demostración da súa arte dirixindo a banda.

O venres 20, ás 20.00 horas na praza Maior, terá lugar un concerto conxunto da Banda e Prebanda de Meira coa Banda, Prebanda e Grupo de Gaitas de Guitiriz. Interpretarán obras coma Moment for Morricone, Concerto de Amore, etc.

Finalmente, o venres 27 de xullo, na área recreativa, xunto ao hórreo, ás 20.00 horas a banda dividirase en pequenos grupos para facer música de cámara e interpretar temas como Forest Gump, Sud-América etc.

Etiquetas