Skip to main content
ActualidadeCospeito

O Goberno da Deputación mellorará o acceso ao cemiterio de Pino en Cospeito

Por 24 Xullo, 2018Sin comentarios

O Goberno da Deputación mellorará o acceso ao cemiterio de Pino, en Cospeito, dando resposta a unha demanda veciñal.

O Executivo Provincial mellorará o acceso ao cemiterio da parroquia de Cospeito, cunha achega de 10.000 euros. Así o avanzou o presidente, Darío Campos Conde, quen subliñou que “asinamos un convenio coa Asociación Cultural de San Martiño de Pino para arranxar o acceso ao cemiterio desta parroquia. Con esta actuación damos resposta a unha demanda dos máis de 400 veciños que empregan este acceso ao longo do ano”.

Campos Conde apuntou que “se trata duns traballos moi necesarios, pois a actual entrada é demasiado estreita e os vehículos teñen dificultades para acceder ao interior do recinto, especialmente os coches fúnebres que polas súas dimensións, atopan verdadeiros problemas para maniobrar”.

Deste xeito, as obras consistirán no ensanche do acceso. Farase un novo peche, co que facilitar a entrada de vehículos rodados, especialmente, cando hai enterros e se produce unha maior aglomeración de coches nas inmediacións do cemiterio. As obras levaranse a cabo nas vindeiras semanas.