O Concello de Xermade abre o prazo de solicitude de subvencións culturais e deportivas

O Concello de Xermade vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para solicitar as axudas municipais as asociacións encargadas da realización de actividades culturais e deportivas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outrubro de 2018 para as que se destinarán un total de 7.300 euros

O prazo de presentación alongarase ata o 18 de agosto e a tramitación das mesmas ten que ser telemática na rede electrónica do concello de Xermade. Nesta solicitude deberá adxuntarse unha memoria das actividades. O Concello establece un baremo para indicar o volume da axuda, que oscilará entre o 80% do orzamento e o 20%.

En ningún caso superaranse os mil euros por entidade.

Etiquetas