Skip to main content
Actualidade

Duarría celebra do 27 ao 29 o Santiago Apóstol

Por 27 Xullo, 2018Sin comentarios

A parroquia de Duarría, en Castro de Rei, celebrará as súas festas patronais na honra a Santaigo Apóstol entre o 27 e o 29 de xullo.

As celebracións darán comezo venres 27 cun duelo entre formacións no que está prevista a participación dos grupos Punto-Clave, Peka-2, Kalima 3.0 e D’Nika.

O día 28 pola mañá haberá misa solemne e procesión a partir das 13.40 con sesión vermú. Pola tarde, a verbena estará a cargo de Stereo Show, Darling Disco Show, de Cantabria, e Rafa Garcel, que realizará unha homenaxe a Antonio Molina con bailaríns da Escola de Danza luguesa Ritmolugo.

O día 29 a mañá repetirá programa e horario e pola noite a verbena estará a cargo de Metrópolis, Los Halcones de Tijuana, que realizan a súa primeira xira por España, e o humoristas Somoza.