Pol acolle este domingo a Festa Leña Verde

Mosteiro acolle este domingo, 29 de xullo, unha nova edición da Festa Leña Verde, que acada a sua XXIV edición.

A celebración dará comezo ás 14.00 horas coa benvida a todos os participantes e a sesión vermú, que estará amenizada polo cuarteto tradicional Gaiteiras do Berce.

Tras o xantar terá lugar o propio festival, no que participará tamén o grupo de teatro Faro Miño. No apartado musical, o grupo folk local Leña Verde será o gran protagonista, que estará acompañado tamén polas Gaiteiras do Berce.

O festival terá lugar na área recreativa do Azúmara, que terá servizo de bar e cafetería ademais de polbo, a prezos de feira.

Etiquetas