Skip to main content
ActualidadeCospeito

O alcalde de Cospeito e a conselleira de Medio Rural acordan impulsar as reestruturacións parcelarias do municipio

Por 3 Agosto, 2018Sin comentarios

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Cospeito, Armando Castosa, para impulsar diferentes procesos de reestruturación parcelaria neste municipio lugués. A solicitude do rexedor, a titular de Medio Rural comprometeuse a estudar as súas demandas en relación, especialmente, coas parcelarias de Arcillá, Sisoi, Bestar, Vilar, Lamas e Roas.

A intención da consellería e do concello é programar diferentes xuntanzas cos veciños para informarlles da situación na que se atopan estas zonas, solicitadas polos propios titulares das parcelas, e dos trámites realizados ata o de agora e pendentes. Actualmente en relación con estes procesos estanse elaborando os preceptivos documentos ambientais.

Polo de agora, no concello lucense de Cospeito está rematada unha reestruturación parcelaria, na zona de Goá, cunha superficie de 829 hectáreas, pertencentes a 734 propietarios. Neste caso pasouse das 4.716 parcelas iniciais a un total definitivo de 1.180 predios.