Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade arrinca agosto coas súas festas patronais

Por 3 Agosto, 2018Sin comentarios

O Concello de Xermade celebra a primeira fin de semana de agosto as súas festas na honra da Nosa Señora. As celebracións iniciaranse o venres 3 coa actuación do Dúo Eclipse a partir das 22.30 horas.

O sábado a programación festiva iniciarase ás 13.00 horas con misa solemne e procesión seguida da tradicional sesión vermú, que estará a cargo da orquestra D’Noche. Esta mesma orquestra e Ache serán as encargadas de animar a noite en sesión verbena.

O domingo, día grande, a Banda de Música Municipal do Landro, en Viveiro, ofrecerá un concerto entre as 12.00 e as 13.00 horas, antes da tradicional misa e procesión. Pola mañá, a orquestra Alaska ocuparase da sesión vermú e tamén da verbena xunto a Pili Pampín.

A comisión organizadora contou este ano cun orzamento de preto de 23.000 euros aportados polos veciños e negocios da parroquia.