Árbol celebra esta fin de semana as súas patronais

A parroquia vilalbesa de Árbol disputará esta fin de semana as súas festas patronais esta fin de semana na honra a San Lourenzo. As orquestras e as sesións vermús son os principais atractivos dunha parroquia que pon fin así a un ano de celebracións.

Os actos comezarán o sábado a partir das 13:30h coa misa solemne impartida polo párroco José Gallego Vila. A posterior procesión ao redor da igrexa estará amenizada pola agrupación local Cerna de Árbol. O grupo musical do pobo xa participou na festa na honra a San Xosé e tamén na comida do San Xoán.

Na sesión vermú chegará o momento da orquestra Jerusalén. A agrupación pontevedresa compartirá campo na verbena coa New York (antiga Filadelfia). O domingo repítese horario e forma, coa diferenza de que na vermú e na verbena será a orquestra Miramar a encargada de poñer a música.

As festas do San Lourenzo poñen fin así ao trienio de celebracións organizada por esta comisión. Dende o colectivo agardan que sexan un éxito como xa o foron as do San José e a comida do San Xoán que xuntou a máis de 300 persoas.

Ademais dos distintos traballos realizados ao longo do ano, dende a comisión tamén abriron unha páxina de Facebook onde van comentando as novidades da festa. Na conta atrás que están levando estes días xa pasaron o cura José Gallego Vila ou os cantantes das orquestras Jerusalén, New York e Miramar.

Etiquetas