Skip to main content
ActualidadeMeira

Meira organiza a I Carreira Popular

Por 10 Agosto, 2018Sin comentarios

O Concello de Meira vén de convocar a primeira edición da Carreira Popular Vila de Meira, que terá lugar o sábado 11 de agosto nesta localidade a partir das 18.00 horas e con chegada á praza do Concello.

Os atletas, que deberán ser maiores de 15 anos, terán que percorrer un total de 7,8 quilómetros de distancia.

A organización establece catro categorías: Os senior (de 15 a 34 anos), veteranos 1 (de 35 a 44), veteranos 2 (de 45 a 54) e veranos 3 (de 55 en diante).

Os interesados en participar deberán inscribirse na web www.championchipnorte.com ou a través de correo electrónico no concello.de.meira@eidolocal.com. O prazo para anotarse remata o 8 de agosto.

Haberá trofeo para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres da xeral e trofeo ou medalla para os tres primeiros de cada categoría.

Haberá avituallamento final para os atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.