Os catro equipos de fútbol de Xermade loitarán pola Copa do Concello

O Concello de Xermade celebrará no mes de agosto o VIII Trofeo de fútbol Manuel González Fernández, no que participarán os catro equipos de fútbol do territorio municial, o ACD Xermade, que milita en Primeira Autonómica; o SDC Roupar e o SDC Cabreiros, os dous de Segunda, e o SD Cazás, de Terceiro. Os catro loitarán pola Copa durante dos fins de semana.

No primeiro haberá dous partidos, o Xermade-Cabreiros, o sábado 11 ás 18.30 horas no campo de Xermade; e o Cazás-Roupar, que se disputará o domingo 12,. ás 19.30 horas no campo de Momán.

Á fin de semana seguinte os gañadores dos enfrontamentos disputarán a final o domingo 19, ás 18.30 horas no campo de Cabreiros, mentres que os perdedores, pelexarán polo terceiro e cuarto posto o sábado anterior, 18, ás 18.30 horas, no campo de Roupar.

Etiquetas