Roupar terá festas a fin de semana do 18 e 19 de agosto

A parroquia de Roupar, en Xermade, celebrará as súas festas patronais a fin de semana do 18 e 19 de agosto. No apartado musical o sábado contará coa orquestra MP3 en sesión vermú e verbena, que se sumará ao Trío Boreal pola noite.

O domingo será a vez do Dúo Caramelo e o Grupo de Gaitas Axóuxere de Roupar. Este último será o encargado da sesión vermú mentres que o dúo fará a verbena.

Nas dúas xornadas haberá misa e procesión a partir das 13.00 horas.

Etiquetas