Guitiriz acollerá o I Memorial Irmáns da Lexía o 26 de agosto

As asociacións Irmandade Manuel María, Riazor Blues e Xermolos celebrarán o domingo 26 de agosto o Primeiro Memorial Irmáns da Lexía, que vai a ter lugar en Guitiriz.
Comezará a celebración ás 11:00 cun partido de fútbol alevín e xuvenil no Campo Suso Cruz de Guitiriz, entre equipos de Guitiriz e A Coruña. De seguido, ás 12:00, xogarase o I Trofeo Bebel entre os equipos sénior Guitiriz e Riazor Blues.
Xa logo, no monumento aos Irmáns da Lexía e ao pé da fosa cómún en Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz, terá lugar o acto memorial e ofrenda floral aos Irmáns da Lexía e demais vítimas. Intervirán nesta homenaxe Selva García, filla de Pepín da Lexía; un dos Irmáns da Lexía, e Alfonso Blanco, da organización.
A continuación, haberá un xantar de irmandade a base de paella e churrasco.
Ás 17:00, dará comezo o espectáculo musical que estará a cargo dos grupo Bloquinho de Xermolos, de Guitiriz, e Nuada, de Teixeiro.

Etiquetas