A ITV agrícola e de turismo visita Guitiriz en setembro

A unidade móvil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará os días 4 e 14 de setembro no Concello de Guiritiz para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás o 7 e o 14, que só atenderá pola mañá. A devandita unidade estará situada o 4 e 5 no campo da festa de Pígara, o 6 e 7 no campo da festa de Trasparga, o 10, 11 e 12 tras o cemiterio de Buriz e o 13 e 14 no polígono industrial de Guitiriz.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309000 ou a través da web www.sycitv.com.

TURISMOS

Por outra banda o a unidade móvil para turismos desprazarase entre o 20 e o 25 de setembro ao polígono industrial, onde despechará co mesmo horario de mañá e tarde agás o 25, que só traballarán de mañá.

Os interesados en solicitar cita deberán facelo a través do mesmo teléfono ou páxina web.

Etiquetas