Data Monitoring e Attelier Bisqato traen as súas ideas innovadoras á Terra Chá

A innovación tamén está na Terra Chá, lugar onde empresas como Data Monitoring e Bisqato atoparon un lugar idóneo para desenvolver a súa actividade tanto no mundo tecnolóxico, como é o primeiro caso, como na recuperación das tradicións, tal e como fai o segundo destes proxectos. Ambas as dúas ideas obtiveron a atención de Vía Galicia, unha aceleradora de empresas financiada con fondos públicos e privados con sede en Nigrán que axuda a darlles un empurrón ás ideas máis innovadoras a través de subvencións.

DATA MONITORING

Fai como un ano unha granxa láctea de Vilalba tiña algúns problemas para controlar a temperatura dos tanques, así que os tres enxeñeiros César González Varela, Gonzalo Abuín Pérez e Germán Feijoo Pereira deseñaron un prototipo cuns sensores para saber como está funcionando todo en tempo real, se a temperatura disparábase, se un compresor deixaba de funcionar, se estaba ordeñando, se funciona o axitador, etc.

Logo desenvolveron unha aplicación para o telefono para que o granxeiro non teña que desprazarse tan a miúdo. Despois desta mellora, o alcalde de Ribeira de Piquín pediulles se podían usalo nos depósitos da auga, xa que están lonxe e os técnicos teñen que se desprazar todos os días. Así que os instalaron e os prototipos len os datos que recollen mediante un microcontrolador, que os envía a un servidor, ao que se accede desde un ordenador ou teléfono.

En moitos casos os depositos non teñen corrente eléctrica, así que tamén instalan pracas solares para o seu funcionamento. Xa teñen cinco prototipos funcionando en Ribeira de Piquín e na Pastoriza teñen tres montados e con placas solares. En Castro de Rei hai tres e catro no Valadouro. En Muras presupostaron a instalación de nove para o ano que ven e en Antas dous. Colaboran coa cooperativa As Vacas da Ulloa, o Cetal e unha empresa de servizos veterinarios que controla a calidade do leite en 200 granxas. Esta empresa, que aposta por tecnoloxías abertas de baixo custo, ve neste modelo de negocio un gran crecemento.

ATTELIER BISQATO

A idea xurxiu dos veterinarios María Veiga Duarte e Miguel García García, unha parella que comparte profesión e paixón polo queixo, que ala polo 2015 fabricaron o seu primer queixo artesán. Esta parella está restaurando unha casa do século XIX, en Labrada, para montar a súa casa e a queixería de tipo francés.

Contan cun segredo sobre a súa produción. Aproveitan que a parte da queixería está mais baixa que a casa, para que a gravidade faga o seu labor e que do tanque á cuba de cuallado o leite baixe por si só para conseguir o máximo sabor e olor.

En españa non hai tradición de queixos de vaca, así que están facendo probas con dous tipos de queixo, un de pasta branda e un de cortiza lavada de cor máis alaranxada. Utilizarán leite cru de vaca en pastoreo rotacional, xa que é a que máis conserva as características, o seu sabor e propiedades. A materia prima consíguena de SAT Margá, unha granxa de Labrada, que ten arredor de 110 vacas en ordeño.

No primeiro ano teñen previsto producir 9.000 quilos en formato artesanal. A intención destes rapaces é chegar a crear un produto con personalidade e historia, que chegue a todos polo seu sabor e pola súa fabricación con agarimo.

 

Etiquetas