Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz organiza un taller de memoria para os seus maiores

Por 28 Agosto, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz realizará un taller de estimulación da memoria dirixido a todos os maiores de 60 anos ou menores con deterioro cognitivo. Para dar este curso estableceranse dous grupos. O primeiro deles será en Parga, todos os xoves ás 11.30 horas na Escola do Campo da Feira.

Ademais, en Guitiriz, na Casa Habanera impartirase o segundo de estos os luns ás 12.00 horas. O prazo de matrícula, que é complemente gratuíta, xa está aberto.

Trátase dunha actividade dunha hora de duración aproximadamente na que se traballan moitos aspectos de carácter cognitivo para activar a mente. Por exemplo, a linguaxe, memoria recente, memoria remota e memoria de vida, cálculo, xogos de entretemento, xogos e actividades de creatividade, musicais etc…

As clases darán comezo o 15 de outubro na Casa Habanera e o 18 de outubro en Parga, na escola das Nenas.

A actividade comeza en outubro e remata en maio, cun período de descanso que abrangue dende as vacacións de nadal ata o mes de febreiro. Son aproximadamente sobre 23 sesións por grupo.