Skip to main content
ActualidadeVilalba

A web que recolle as vivencias da Academia Santa María de Vilalba xa está activa

Por 29 Agosto, 2018Sin comentarios

Os antigos alumnos da Academia Santa María de Vilalba veñen de facer pública a web na que están a traballar para recoller anacos da historia desta academia, que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século, concretamente desde os anos 40 aos 70.

Por décimo ano consecutivo, exacadémicos desta institución vilalbesa se xuntaron no Restaurante Montero na súa comida anual para presentar esta web, que xa pode consultarse na dirección www.academiadevilalba.org.

A web, que estará en permanente crecemento segundo vaian conseguíndose informacións ou fotografías, pretende ir conformando – con numerosas pequenas aportacións de lembranzas particulares- unha historia daquel centro que marcou a centos de vilalbeses aos que lles proporcionou a oportunidade do ensino medio ou cursar Maxisterio, inasequible para moitos deles doutro xeito.

Nestes momento, entre outras información, na web pode consultarse a historia dos cursos 1957-58 e 1958-1959, facilitada polo profesor e historiador vilalbés Xosé Antón Pombo Mosquera, así como a reproducción dun número da publicación AULA, publicada pola Academia en 1955 (facilitada por Loli Soto), e varios exemplares de AULA2, publicada polos alumnos de 6º do curso de 1968-69, baixo a dirección de Manuel Hermida Paz.

As aportacións ou suxestión poden facerse chegar ao correo electrónico xulio@galiciadigital.com.