Guitiriz acolle en setembro un taller de creación de personaxes de videoxogos

A Aula Cemit do Concello de Guitiriz acollerá o 21 de setembro un taller xuvenil co título Crea o teu perxonaxe de videoxogo ou película

O taller estará dirixido á xuventude, concretamente a interesados entre 14 e 18 anos e se desenvolverá de 15:00 h a 21:00.

O prazo de inscrición para as 15 prazas dispoñibles xa está aberto e pode realizarse presencialmente na Aula Cemit do Concello, sita na rúa do Concello, 42, ou ben a través da web da Red Cemit https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/25875.

No curso mostraranse algunhas ferramentas para crear estes personaxes que tanto gustan á mocidade, saber como pensan os guionistas e algúns trucos dos e das artistas que os crean. Malia usar o debuxo como ferramenta principal, non é necesario ser un bo dibuxante. Neste taller aprenderán teoría da creación de personaxes e trucos para que debuxar sexa máis fácil, ademais de como funcionan as empresas vinculadas ao sector.

Etiquetas