Arrinca a primeira Copa Deputación de Fútbol Sala

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón avanzou que este domingo, día 2 setembro, 288 xogadores e xogadoras, disputarán 18 partidos correspondentes á primeira previa da 1ª Copa Deputación de Fútbol Sala que organiza o Executivo Provincial coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Son concretamente 16 equipos masculinos e 8 femininos os que xogarán nas sedes dos concellos da Pontenova, Meira, Outeiro de Rei, Ribadeo, Begonte e Rábade.

Rivera Capón remarcou que “con esta iniciativa buscamos fomentar unha modalidade deportiva que, dende hai máis de 25 anos, é un referente provincial. Por ese motivo, nace esta Copa Deputación de Fútbol Sala co principal obxectivo de ser un aliciente máis para o desenvolvemento dun deporte con tanta tradición na provincia”, sinalou.

“Ademais, o Goberno da Deputación quere dar especial visibilidade ao fútbol sala feminino, xa que nesta provincia son moitas as mulleres que se decantan por este deporte e, a pesares de competir en inferioridade de condicións, conseguen excelentes resultados. Por este motivo queremos que a nosa competición sexa o máis igualitaria posible polo que os 10 equipos femininos que participarán nesta competición recibirán exactamente as mesmas contías económicas en forma de premios” dixo o Deputado.

Premios

Dende o Goberno da Deputación, e dentro da aposta pola promoción e impulso do deporte base, todos os participantes da Copa Deputación recibirán compensación económica, sexan gañadores ou non, co fin de colaborar con todos e cada un dos clubs. Os equipos terán un premio de  310 euros por participar en cada rolda como local e 200 se son visitantes. Ademais, os gañadores I Copa Deputación de fútbol recibirán un premio de 1.000 euros, un trofeo e medallas, e os segundos clasificados, 600 euros.

Calendario de competicións

A I Copa Deputación de Fútbol Sala, que terá carácter de torneo de pretemporada, e que disputarán a fase previa masculina nos Concellos Pontenova, Meira, Outeiro de Rei e Ribadeo; e a feminina nos Concellos de Begonte e Rábade, conta co seguinte calendario de competicións para o domingo 2 de setembro;

CATEGORÍA MASCULINA

SEDE 1. A PONTENOVA. Polideportivo Municipal de A Pontenova.

CABEZA DE SERIE: VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S
Partido 1 Oitavos de Final: 10:30 h. VALDESUSO PEUGEOT VILALBA F.S. – SAMOS F.S.
Partido 2 Oitavos de Final: 12:45 h. LUISITALIA – C.D. RECECENDE SUPERTI A PONTENOVA
Partido 3 Cuartos de Final: 18:30 h. Gañador Partido 1 – Gañador Partido 2

SEDE 2. MEIRA. Polideportivo Municipal de Meira. Rúa Federico González López, 13

CABEZA DE SERIE: RIBEIRA F.S.
Partido 1 Oitavos de Final: 10:30 h. RIBEIRA F.S. – CUBELAS F.S.
Partido 2 Oitavos de Final: 12:45 h. COVIRÁN QUIROGA F.S. – PLAYAS DE BARREIROS C.D.
Partido 3 Cuartos de Final: 18:30 h. Ganador Partido 2 – Ganador Partido 1

SEDE 3. OUTEIRO DE REI. Pavillón Municipal de Outeiro de Rei. Nacional VI s/n.

CABEZA DE SERIE: SANTA ISABEL F.S.
Partido 1 Oitavos de Final: 10:30 horas. SANTA ISABEL F.S. – CASTROVERDE F.S.
Partido 2 Oitavos de Final: 12:45 horas. TRABADA FUTSAL – C.P. CASÁS
Partido 3 Cuartos de Final: 18:30 horas. Ganador Partido 1 – Ganador Partido 2

SEDE 4. RIBADEO. Pavillón Municipal de Ribadeo. Rúa Alfredo Reaño, s/n.

CABEZA DE SERIE: S.D. XOVE
Partido 1 Oitavos de Final: 10:30 horas. S.D. XOVE – QATAR F.S.
Partido 2 Oitavos de Final: 12:45 horas. CONCELLO DE BEGONTE F.S. – LUGO FEITIZO SALA
Partido 3 Cuartos de Final: 18:30 horas. Ganador Partido 1 – Ganador Partido 2

CATEGORÍA FEMININA

SEDE 1. BEGONTE. Pavillón Municipal de Begonte. Baamonde.

CABEZA DE SERIE: VILALBA F.S.
Partido 1 Cuartos de Final: 10:30 h. VILALBA F.S. – U.D. PASTORICENSE
Partido 2 Cuartos de Final: 12:30 h. PESCADOS RUBÉN BURELA – OS MEIGALLOS F.S.
Partido 3 Semifinal: 18:30 h. Ganador Partido 2 – Ganador Partido 1

SEDE 2. RÁBADE. Pavillón Municipal Eduardo Villamarín. Polígono Industrial, Rúa F.

CABEZA DE SERIE: F.S.F. CASTRO
Partido 1 Cuartos de Final: 10:30 h. F.S.F. CASTRO – LIEDERS FUTSAL
Partido 2 Cuartos de Final: 12.15 h. RIBEIRA CIDADE DE LUGO F.S. – RÁBADE FUTSAL FEMENINO
Partido 3 Semifinal: 18:30 h. Ganador Partido 1 – Ganador Partido 2

PARTIDO XA CELEBRADO. FASE PREVIA. 25 de agosto. SARRIA. Pavillón José Mario González. O Chanto. OS MEIGALLOS F.S. – CONCELLO DE BEGONTE F.S. (2-0)

Etiquetas