Casa Cuadrado, en Pol, organiza un taller de pan

A Casa Cuadrado, situada na parroquia polense de Luaces, celebrará o sábado día 1 un taller de elaboración de pan.

A actividade comezará ás 18:00h e ten un prezo de 6 euros para os adultos e 2 para nenos ata os oito anos.

Con motivo deste obradoiro, Casa Cuadrado instalará unha carpa con servizo de cafetería e bar e con música para invitar a todos os que o desexen a unha degustación.

Etiquetas