Guitiriz celebrará o Día da Bici o 2 de setembro

O Concello de Guitirz e o grupo BTTeiros Cova da Serpe celebrarán o Día da Bici 2018 o domingo 2 de setembro nunha xornada que terá o seu inicio as 10.00 horas da mañá na praza do Campo da Feira.

As actividades previstas consistirán nun primeiro lugar nunha ruta que terá a súa saída ás 10.30 horas e que percorrerá os lugares de  Boa Veciña, Terra Chá, Tralouteiro, Xermolos, Paseo do Boedo, Balneario de Guitiriz, Recemil, Mende, Galiñeiro, Parga e volta a Guitiriz pola ruta da auga.

Ademais, no tempo da ruta haberá unha xincana aberto ao público de todas as idades que terá lugar na mesma praza da Feira. Os pequenos realizarán unha pequena ruta.

A continuación, sobre as 13.00 horas, está prevista unha exhibición de trail gratuíta e de libre asistencia.

A organización lembra que o Día da Bici non é un evento competitivo e é obrigatorio o uso do casco.

Os interesados en participar poden facelo no Concello ou chamando ao teléfono 982 237 109.

Etiquetas