As Pontes acolle un campus de baloncesto para nenos

O Concello das Pontes acollerá entre o 3 e o 7 de setembro un campus de baloncesto dirixido a nenos de 5 a 14 anos organizado polo CB As Pontes en colaboración tamén co Concello de Muras.

Este campus contará con actividades de multideporte, iniciación a deportes alternativos, excursións e visitas de xogadores, adestradores e árbitros profesionais.

O prazo de inscrición remtará o 1 de setembro e deberá facerse por mail en cbaspontes@gmail.com.

Etiquetas