Os Vilares organiza un aula de música tradicional

A Asociación veciñal dos Vilares está a organizar unha aula de música tradicional na que se impartirán clases de gaita, percusión e acordeón para todas as idades.

O obxectivo da asociación e comezar as clases en outubro e deixar todo o mes de setembro para inscribirse cunha reunión a finais de mes para establecer os horarios.

O acordeonista Manuel Varela, do grupo Leirabuxo, será o encargado de impartir as clases. Os interesados en apuntarse poden facelo no número 608 585 046.

Etiquetas