Rematan as obras da pista de pádel da Pastoriza

O Concello da Pastoriza rematou as obras de construcción da nova pista de pádel, ubicada ao lado do colexio, do pavillón e das pistas cubertas exteriores na capitalidade do municipio. Esta obra englóbase dentro dunha serie de actuacións vincualdas á práctica deportiva, sendo tamén a que máis orzamento ten. As pistas comezan a funcional estes días.

Esta nova infraestrutura realizada dentro das pistas multideporte, é unha instalación deportiva moi demandada que complementa a oferta existente no concello e que amplía o abano de deportes a poder practicar no concello sen ter que desprazarse, tal e como indica a tenente de alcalde do Concello, Elba Carrera, que di que “o Concello da Pastoriza é un referente en práctica deportiva polo número de instalacións actuais, ás que se suman unha pista de kártíig e unha piscina climatizada que se porá en marcha este ano”.

A pista de pádel conta con 235 metros cadrados, vai cuberta con panel sandwich en chapa de aceiro combinada con paneis traslúcidos, pechada en vidro templado e maia galvanizada. Contará tamén con control dixital de acceso e pavimento poroso.

O orzamento é de 54.309 euros, na súa práctica totalidade financiado pola Deputación.

Ademais, tamén se fixeron actuacións deportivas noutras zonas con base ao mesmo orzamento, como correxir as perdas de auga dos canalóns que provocan filtracións de auga no polideportivo da Pastoriza e refacer de novo os baños no de Bretoña. A maiores fixéronse melloras na pasarela de unión do pavilón co colexio, na que se aplicou unha imprimación antideslizante, xa que os pequenos esvaraban polo desgaste do formigón.

Etiquetas