Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A campaña de micromecenazgo para recuperar os frescos dos Vilares xa está en marcha

Por 12 Setembro, 2018Sin comentarios

A campaña de micromecenado (crowdfunding) para a restauración dos Frescos dos Vilares xa ten imaxe oficial. O deseño foi encargado á artista muxián Viki Rivadulla que ten colaborado xa coa Asociación Sociocultural Lareira de soños no deseño dos premios Trapeiro de Honra e no Certame Vilariñas de micro poesía da NPG Nova Poesía Guitirica. Viki Rivadulla ten xa a experiencia de ter participado tamén activamente na reivindicación exitosa da restauración dos Frescos murais do Mosteiro de Moraime na Costa da Morte. A artista quixo segundo as súas propias palabras: “marcar a idea de colectividade e de algo feito por nós e que forma parte de nós. Leva tamén as mesmas cores da paleta das restauracións, ocre, óxido de ferro, negro e branco e tentei plasmar tamén a ideia da antiguidade das pinturas…”
Esta imaxe será a representativa da campaña que comenzará en febreiro de 2019 e acompañará todas as accións da mesma, spot, folletos, carteles, comunicacións, charlas, productos de promoción, etc.

Co lema V SÉCULOS DE NÓS/ FRESCOS DOS VILARES a Asociación Sociocultural Lareira de soños tentará recadar os cartos necesarios para evitar a desaparición destas importantes pinturas renacentistas descubertas en 1991 e ás que se atribúe a autoría ao Mestre de Parga.

A campaña ven motivada polo “pasotismo das distintas administracións diante das demandas de actuación e a desprotección e abandono que levou ás pinturas a un estado de deterioro que pode levar a unha perda irreversible dos frescos”, engaden.