Skip to main content
ActualidadeCospeito

Dúas casas rurais de Cospeito participan no programa Outono Gastronómico

Por 12 Setembro, 2018Sin comentarios

A XII edición do programa Outonos Gastronómicos en Turismo Rural, que comezará o venres, 14 de setembro, contará coa participación de dous establecementos da Terra Chá, os dous situados no Concello de Cospeito, xunto a outros 17 da provincia de Lugo. Casa Condiño e Casa Grande de Anllo son as dúas casas rurais que se sumaron este ano á iniciativa, que reúne en Galicia a 86 centros de turismo.

Esta iniciativa, que busca pontenciar a oferta turística fóra da tempada estival, desenvolverase ata o 16 de decembro.

O Outono Gastronómico en Turismo Rural, con prezos moi competitivos, ofrece opcións que se adaptan ao tipo de viaxeiros, ás súas preferencias ou á duración da estadía. Estarán dispoñibles todas as fins de semana, agás ás do 12 ao 14 de outubro e 7 ao 9 de decembro:

– A oferta Menú Outono Gastronómico, deseñada exclusivamente para esta ocasión, inclúe entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños das distintas denominacións de orixe galegas e outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa.

– Tamén se ofrece a posibilidade do Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o menú Outono gastronómico e pernoitar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte. Esta segunda modalidade prevé un menú por persoa máis aloxamento e almorzo, a escoller entre a noite de venres ou sábado. O prezo é de 120 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 80 euros para unha persoa en cuarto individual.

– Outra das opcións é gozar da Fin de semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento, na noite de venres e sábado. O prezo é de 200 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 140 para unha persoa en cuarto individual.

– E se se quere compartir coa familia unha fin de semana, existe a Fin de semana familiar Outono Gastronómico que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos. Para parellas acompañadas dun neno, a oferta de menús e aloxamento será de 260 euros, mentres que para as que vaian acompañadas de dous rapaces o prezo será de 300 euros.