Xermade inicia as obras de sinalización da ruta do río Trimaz en Cabreiros

O Concello de Xermade iniciou xa os traballos de sinalización e mellora da ruta de sendeirismo do río Trimaz, en Cabreiros, un percorrido de 14 quilómetros de configuración circular que se enmarca dentro de Rede Natura 2000.

Os traballos que se están realizando xa consisten no desmontado e rehabilitación de estruturas xa existentes, como pontes de madeira ou escaleiras, así como a colocación de balizas e flechas indicativos ao largo de todo o percorrido. Tamén destacarán os elementos de interés próximos.

Outra das actuacións previstas é a instalación de paneis informativos con contidos sobre a ruta e os espazos polos que discorre. O proxecto inclúe o acondicionamento dos arredores da ponte de Isabel II, na que xa hai instalada unha nova baranda de madeira.

A ruta arrinca na musealización da antiga igrexa situada no barrio do Chao de Cabreiros e continúa ata o río Trimaz pasando polas proximidades da área recreativa e do campo de fútbol ata chegar á ponte de Isabel II, do século XIX. O sendeiro continúa cara arriba polas fragas de Penachaíña ou as de Carballosa para volver ao principio.

Presas e Pontes humanizan ó río acompañadas de árboles de ribeira. Lugares relevantes da ruta son Ponte do Aruxo, Portonovo, Ponte e Presa dos Carregás ata chegar á Ponte Baxín onde sepárese do Río Trimaz. Durante o percorrido poden verse molinos, presas, pontes e outros elementos do patrimonio como a fonte de Santa Mariña.

O orzamento desta obra de de algo máis de 24.000 euros.

Etiquetas