O Concello de Friol pavimenta varias vías municipais

Proximamente o Concello de Friol levará a cabo a pavimentación da vía municipal de Casferro-As Pozas (Parroquia de Xiá) duns sete quilómetros. En dita mellora levaranse a cabo obras de drenaxe lonxitudinal a través da limpeza de cunetas e a posterior reparación do pavimento con proxección asfáltica nas zonas deterioradas e deformadas, na memoria se explicita que o orzamento destinado á ejecución é duns 45.000 euros.

Esta obra será financiada pola Consellería de Medio Rural a través do Plan P.I.R. cunha achega Municipal de 5.000 euros cubrindo así a totalidade do proxecto.

“Con estas obras, dun importante calado para o rural do Concello, preténdese mellorar as condicións dos accesos para as explotacións e facer un pouco máis fácil a vida aos veciños que, debido á actividade ganadera teñen que utilizar estes accesos constantemente, á vez que se consegue unha maior rentabilidad nun sector que non está atravesando polos mellores momento, desde o Concello estanse facendo importantes esforzos para levar a cabo as melloras necesarias nas parroquias dado que o principal sector no Municipio é o primario, de aí, esa importancia deste proxecto”, explica ao alcalde.

Segundo o rexidor, desde o Concello preténdese continuar nesta liña de traballo, buscando o apoio e a colaboración das distintas administracións públicas, para desta forma facer fronte aos distintos proxectos que nestes momentos están en marcha e son necesarios para mellóraa tanto da calidade de vida dos habitantes como colaborar para que as explotacións existentes no municipio teñan unha rentabilidad maior, dado que o sector primario é o principal e máis importante co que conta Friol, desde o Concello terá todo o apoio necesario.

O alcalde tamén quere agradecer a implicación que está tendo en Goberno Galego coas necesidades de Friol, neste caso valora que desde a Consellería de Medio Rural atendésense as necesidades de levar a cabo estas obras de rehabilitación e xa que logo agradece á Conselleira Ángeles Vázquez esa achega para que ditas obras sexan unha realidade.

Etiquetas