Guitiriz organiza unha charla e un taller de relaxación

O Concello de Guitiriz organiza esta luns, 17 de setembro, a partir das 19:00 horas, unha charla informativa sobre relaxación que terá lugar na Casa Habanera a cargo da psicóloga Alba Campos Miragaya.

Esta charla está dirixida á poboación en xerla e moi recomendada ós interesados no taller de relaxación.

De feito, a ponente explicará o concepto e os efectos beneficiosos desta no benestar emocional en xeral e na sintomatoloxía ansiosa e no insomnio en concreto. Tamén dará información sobre o taller de relaxación que se impartirá todos os martes de 19:00 a 20:30 horas ou os venres de 11:00 a 12:30 horas durante os meses de outubro e novembro.

Este taller, que impartirá a mesma psicóloga, tamén se desenvolverá na Casa Habanera dirixido a toda a poboación, en especial aos que padezan problemas de ansiedade, estrés e insomnio.

Cada grupo, composto por un máximo de dez persoas, realizará oito sesións.

O prazo para inscribirse no taller está aberto e ten que facerse no Concello ou nos teléfonos 982 370 109 ou 600 081 443.

Etiquetas