Abre o prazo de inscrición para as escolas deportivas de Vilalba

As escolas deportivas de Vilalba teñen listo xa o seu calendario para o próximo ano e o prazo para inscribirse abrirá o luns 17 de setembro e permacerá así durante dúas semanas.

Novamente, este ano haberá doce escolas deportivas. Así, judo e loita olímpica estará aberta para rapaces a partir de tres anos mentres que baloncesto, fútbol, fútbol sala, tenis e tenis de mesa para os maiores de cinco.

Pola súa banda, a ximnasia rítmica abrirase para os maiores de catro e o triatlón para os que teñan máis de seis.

Ademais, haberá zumba e ioga para aqueles que teñen cumpridos os dez anos e pilates para os maiores de 12.

As escolas deportivas, que contan cunha gran matrícula todos os anos, comezarán a funcionar despois do verán unha vez rematado o prazo de matriculación.

As actividades desenvolveranse de luns a venres entre as 16.30 e as 22.15 horas e o lugar escollido para cada actividade será diferente. Así, no Auditorio Municipal impartirase, ioga, loita olímpica e pilates. O fútbol será no campo da Madalena con algo de actividade no pavillón do Insua Bermúdez, onde tamén se xogará ao tenis.

O xudo irá para o ximnasio municipal e a ximnasia rítmica practicarase no pavillón municipal dos Deportes. O baloncesto estará centralizado no pavillón do CEIP Mato Vizoso, como o tenis de mesa e a zumba no do IES Basanta Silva. O tríatlon desenvolverase entre a piscina municipal e a pista de atletismo.

Etiquetas