Encontro comarcal de socialistas en Vilalba

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, xunto a compañeiros do partido, celebraron en Vilalba o último dos Encontros Comarcais con militantes. Durante a xuntanza os socialistas aproveitaron para abordar a situación dos seus veciños nesta Comarca.

Estes foros abertos á militancia enmárcanse na folla de ruta do proxecto do PSOE provincial cos que se busca recoller e englobar todas as demandas, necesidades e preocupacións que teñen os veciños da provincia de Lugo.

Etiquetas