Suplusa comprométese a redactar o proxecto de urbanización do polígono de Riotorto

O alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, en reunión celebrada co presidente do Suplusa Manuel Martínez e Ramón Arias conseguiu o compromiso por parte deste organismo de proceder de forma inmediata a redactar o proxecto de urbanización do polígono industrial de Riotorto.

“Unha vez aprobado definitivamente en Pleno o plan especial SUND Villlarín-Riotorto, no que se van a poñer a disposición dos empresarios un total de 10.215 metros cadrados distribuidos en 10 parcelas, toca abordar, o seguinte paso, redactar un proxecto de urbanización para saber o custe de urbanizar os terreos”, explica o alcalde.

Pensamos que o importe, rondará, os 400.000 euros.

Unha vez redactado o proxecto, presentarase nun acto público aos empresarios interesados na compra dos terreos.

“Agradecemos especialmente o seu presidente Manuel Martínez  o seu compromiso en redactar este proxecto de urbanización e posterior licitación do polígono industrial. E unha demanda moi importante, xa que en Riotorto non dispoñemos de solo industrial para o asentamento e promoción das empresas locais”, di Iglesias.

“Un pobo non pode crecer si non dispón de parcelas industriais. Esta infraestructura tan demandada e un dos obxetivos prioritarios do noso goberno local e especialmente de esta alcaldía”, connclúe.

Etiquetas