Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz pecha o venres o prazo de inscrición para as súas escolas deportivas

Por 18 Setembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Gutiriz manterá aberto ata o 21 de setembro o prazo de inscrición para as escolas deportivas, que darán comezo o 1 de outubro.

Un ano máis, o concello pon a disposición dos veciños unha variada oferta deportiva que comprende fútbol sala, atletismo e campo a través, baloncesto, taekwondo, ximnasia rítmica, patinaxe, tiro con arco, aeróbic, ioga, pilates e ximnasia de rehabilitación, esta último con sesións en Parga e Guitiriz.

Os grupos serán de 15 a 20 persoas dependendo da modalidade e as calases desenvolveranse polas tardes de luns a venres deixando as fins de semana para aquelas especialidades que se enmarquen dentro da competición.

A Casa Habanera, a Casa Barxa, o Ceip Lagostelle e o IES Poeta Díaz Castro acollerán toda esta oferta. As actividades terán un prezo de dez euros ao mes, agás o tiro con arco que é de 15 euros/mes, con descontos para familias numerosas, irmáns, familias con poucos recursos ou aqueles que realicen máis dunha actividade.