Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade alerta aos veciños dunha posible estafa

Por 19 Setembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Xermade alertou aos veciños dunha posible estafa que está tendo lugar estes días no termo municipal.

Segundo explican aos veciños, unha serie de persoas está indo polas casas alegando que teen que cambiar os contadores e que hai que analizar a auga. O Concello afirma que eso é mentira e que se trata dun intento de estafa e recomenda aos afectados que se poñan en contacto co 112.

Esta alerta estana realizando a través das redes sociais municipais para intentar chegar ao maior número de veciños posible.