Arrinca o venres a XVIII edición do Encontro de Torneiros de Xermade

Arrinca en Xermade a XVIII Edición do Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia, que se celebra dende o 21 ata o 23 de setembro nesta vila da Terra Chá. O Executivo Provincial colabora con esta cita cun investimento de 3.000 euros.

Esta cita internacional atópase máis consolidada que nunca na programación da provincia. Durante a mesma, poderase contemplar o oficio dos torneiros, ademais dunha ampla axenda de actividades, como charlas, conferencias ou exhibicións. Este ano ademais haberá catro invitados e expertos de luxo como son a francesa Elisabeth Mezières, o inglés Rod Page, o madrileño Toni Porto e o coruñés Lolo Castro.

Orixes deste cita Internacional

O Encontro naceu en 2001 na Aldea Artesán de A Fraga de Xermade, coa intención de recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinaría, materias e técnicas de traballo para logo dalas a coñecer o maior número de persoas posíbeis.

Este evento celebrase en Xermade na segunda quincena do mes de setembro coa asistencia de profesionais e afeccionados de todo o Estado e do resto de Europa e incluso de EEUU, Australia e Nova Zelanda. Unha das finalidades didácticas que persegue este encontro é divulgar os valores do oficio, co fin de que o público teña máis argumentos para diferenciar artesanía e industria.

As pezas que se exhiben son unha representación dos traballos realizados polos participantes nos encontros de torneiros que se celebran en Xermade, desde fai 17 anos. Os poñentes internacionais que participan nos encontros encárganse de facer a selección entra as pezas expostas polos participantes, tanto sobre as técnicas empregadas como as materias primas, así como os acabados que son moi variados, polo que os resultados son sempre distintos e sorprendentes.

A Fundación TIC ten editados varios vídeos coas demostracións dos mestres que participaron en edicións pasadas. Trátase de Margarett Garrard, Jérôme Blanc, Adrián Pena e Manuel Castro. O vídeo está dispoñible na canle de Youtube da Fundación TIC e nas redes sociais. Nestes medios pódese tamén visualizar as reportaxes e resto de traballos audiovisuais realizados nos últimos anos por bolseiros e profesionais da TIC sobre este Encontro. Con esta colaboración, a Fundación TIC contribúe a transmitir o labor dos mestres torneiros e manter vivo un oficio tradicional con raizame na provincia de Lugo.

VENRES, 21 de setembro de 2018 (de 14:00 ás 16:00 péchanse as actividades).

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

12:00 Inauguración oficial.
10:30-19:30 Demostracións para inscritas-os:
  Elisabeth Mezières
  Rod Page
  Toni Porto
  Manuel Castro
10:30-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
10:30-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polas-os participantes.
10:30-19:30 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2017-18.

SÁBADO, 22 de setembro de 2018 (de 14:00-16:00 péchanse as actividades).

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-19:30 Demostracións para o público:
  Elisabeth Mezières
  Rod Page
  Toni Porto
  Manuel Castro
10:30-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
10:30-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polas-os participantes.
10:30-19:30 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2017-18.
16:00-19:30 Espazo de iniciación o torneado supervisado por monitores.
18:00-19:30 Escolma das pezas para a Exposición Itinerante CONtornos 2018-19

DOMINGO, 23 de setembro de 2018  (ás 14:00 remátanse as actividades).

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-14:00 Demostracións para o público:
  Elisabeth Mezières
  Rod Page
  Toni Porto
  Manuel Castro
10:30-14:00 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.
10:30-14:00 Exposición de pezas torneadas aportadas polas-os participantes.
10:30-14:00 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2017-18.
10:30-14:00 Presentación da Exposición Itinerante CONtornos 2018-19.
13:00 Clausura oficial.

Etiquetas