Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Romaría de San Mateo en Labrada celébrase mañá

Por 21 Setembro, 2018Agosto 28th, 2019Sin comentarios

A localidade guitiricense de Labrada celebrará o 22 de setembro a undécima edición da Romaría de San Mateo, que dará comezo ás 10.15 horas coa recepción dos cabaleiros no campo da Capela de San Mateo, onde haberá un almorzo gratuíto antes de que, ás 11.00, de comezo a Ruta Cabalar.

Esta celebración, que conta cun gran número de seguidores, terá ás 13.30 horas a celebración da misa campestre seguida da sesión vermú, que estará a cargo do dúo La Hora Bruja.

Como en edicións anteriores, ás 15.00 terá lugar unha comida campestre con polbo, churrasco, postre, pan, viño e gotas, comida que terá un prezo de 20 horas e durante a que se celebrará un sorteo de agasallos.

Pola tarde haberá xogoso populares no campo da Festa, de novo con agasallos para os mellor claisifcados, sesión que rematará ás 20.00 horas co inicio da actuación do dúo Escobar.

Tras os pinchos, o fin de festa estará a cargo dos dúos La Hora bruja e Escobar, que serán os encargados da verbena.

Os interesados en anotarse a esta celebración teñen que facelo antes do día 18 no teléfono 648 204 184 ou falar con Berta e Susana.