O Concello de Riotorto xestiona coa Confederación os permisos para limpar o río

O Concello de Riotorto obtivo da Confederación Hidrográfica do Cantábrico a autorización xenérica por catro anos para realizar traballos de limpeza e desbroce no cauce do río Torto e afluentes.

Este permiso xenérico permite que todos os veciños do Concello podan realizar unha serie determinada de traballos de mellora neste lugar sen necesidade de solicitar eles previamente o permiso.

Esta autorización contempla a retirada dos cauces e das inmediacións de plásticos e materiais de desfeito arrastrados pola corrente, a limpeza das marxes e a corta e retirada de árbores secos ou caídos.

En ningún caso se contempla o movemento de terras que alteren a sección do cauce nin cortar especies sanas de árbores de ribeira. Ademais, as marxes dos cauces deberán quedar libres dos restos das tarefas de limpeza e, en especial, o cauce e a franxa de cinco metros de anchura que corresponde á zona de servidume.

Ademais, durante a execución dos traballos deberán tomarse as precaucións necesarias para evitar alteracións na calidade das augas ena turbidez das mesmas.

 

Etiquetas