Comezan as obras de saneamento na rúa Antonio Machado

Esta semana arrancaron as obras do proxecto de mellora da rede de saneamento da Rúa Antonio Machado, no tramo que afecta a Rúa Rego do Campo, que permitirán a reposición da rede de augas residuais.

O proxecto contempla a instalación dunha canalización de pvc, que substituirá a actual canle de formigón, a súa conexión coas acometidas e sumidoiros existentes así como coas baixantes dos edificios. Tamén está prevista a execución de pozos de rexistro destinados a mellorar o mantemento da rede.

As actuacións, ademais, permitirán conectar esta nova rede co ramal que circula pola beirarrúa de enfronte, á altura da intersección coa a Rúa Rego do Campo e Antonio Machado, a renovación das arquetas e a instalación de reixas para evitar a entrada de sólidos na rede de saneamento. As obras inclúen a reposición dos pavimentos na beirarrúa e do aglomerado do viario.

Estes traballos, englobados dentro da proposta do Concello para renovar e modernizar as redes de abastecemento e saneamento municipais e abranguen tamén ás rúas Méndez Núñez e a Rúa Monte Caxado, permiten cumprir, ó grupo de goberno, co seu compromiso de optimizar o tratamento das augas en todo o termo municipal.

As tres actuacións teñen un orzamento conxunto de 105.297 euros con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental.

Etiquetas