Xermade convoca un curso de aplicador de produtos fitosanitarios

O Concello de Xermade organiza un curso de aplicador de produtos fitosanitarios que se impartirá a partir de mediados de outubro cunha duración de 25 horas.

O curso terá lugar na antiga Cámara Agraria en horario de 15.30 a 19.30 de luns a venres.A docencia estará a cargo do Gabinete Técnico Agropecuario Terra Chá.

A organización indica que será necesario reunir 15 persoas para levalo a cabo. Os interesados en participar poden facelo anotándose nos teléfonos 651 662 583 ou 636 223 134. O prezo é de 50 euros.

 

Etiquetas