Xermade cambiará as luminarias en catro parroquias e contratará persoal para traballar en medio ambiente

O Concello de Xermade reformará a iluminación pública nos núcleos de San Martiño, O Chao, O Empalme e O Feal cunha subvención da Xunta de Galicia de 61.600 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Esta actuación se está a realizar na práctica totalidade dos concellos porque supoón unha mellora da seguridade e a eficiencia das instalacións, e logran un aforro estimado de máis do 65% no custo enerxético.

A proposta consiste na substitución das luminarias por outras de tipo LED, que presentan idénticas ou superiores prestacións lumínicas, teñen máis vida útil e reducen o consumo, así como na disposición de sistemas de encendido baseados no reloxo astronómico e de regulación para cada punto de luz.

Dentro do mesmo proxecto, o Concello reforzará o servizo de medio ambiente municipal con medios e persoal a través da contratación dun técnico de medio ambiente e urbanismo para a redacción de proxectos relacionados coa conservación do medio ambiente natural degradado e para a emisión de informes orientados á prevención e situacións de risco ambiental e natural.

Igualmente, inclúe a adquisición dun tractor cortacéspede cun recolledor de 500 libros para realizar o mantemento e limpeza de zonas verdes e espazos de especial protección, ubicadas algunhas delas en solo da rede Natura.

Etiquetas